SERVICIOS

Beariz busca o aforro co cambio de iluminación

O Concello levou a cabo actuacións de eficiencia enerxética nas localidades de Adrián, Ratel e Beariz

Coa finalidade de conseguir un aforro enerxético e económico para as arcas municipais e diminuír a contaminación lumínica, o Concello de Beariz levou a cabo actuacións de eficiencia enerxética nas localidades de Adrián, Ratel e Beariz.

En Ratel instaláronse catro luminarias LED e no núcleo de Adrián, pobo antano despoboado e ao que nos últimos anos se lle dotou dos servizos de abastecemento, saneamento, pavimentación e electricidade, levaronse a cabo traballos co fin de evitar custos no aluguer dos cadros e procedeuse á colocación de varios postes de formigón e a substitución dos puntos de luz existentes por luminarias LED.

Na capitalidade do Concello colocáronse novos proxectores LED de 150w (fronte ao concello, ao centro de saúde, á igrexa e no entorno do pavillón polideportivo). Así mesmo cambiáronse varias luminarias no exterior do CEIP Beariz.

O presuposto total das obras executadas ascendeu á cantidade de 15.792 euros. As autoridades municipais valoran positivamente estos traballos, e pretenden que teñan continuidade noutros pobos.

Te puede interesar