MÚSICA

O BNG demanda un local de ensaio para os músicos locais en O Carballiño

Engade que "no caso de non prosperar a solicitude á  Xunta do uso do local da fundación comarcal, o Concello buscará outras opcións alternativas"

O grupo municipal do BNG propón ao Concello do Carballiño que proceda á instalación dun local de ensaio para á práctica musical. O portavoz, Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, presentará a moción no próximo pleno, instando ao Concello a dirixirse á Xunta de Galicia para solicitarlle o uso da instalación da antiga fundación comarcal para a ubicación dun local de ensaio.

Engade que "no caso de non prosperar a solicitude á  Xunta do uso do local da fundación comarcal, o Concello buscará outras opcións alternativas". O concelleiro lembra que a instalación é unha vella reivindicación dos músicos deste municipio. 

Te puede interesar