O CARBALLIÑO

O BNG solicita o arranxo dos parques infantís do Carballiño

No da Veracruz sinalan que o chan de caucho está desfeito, mentres que no dos Catro Camiños hai unha evidente falta de mantemento

O grupo municipal do BNG do Carballiño denuncia a situación de "abandono e deterioro" dos parque infantís e solicita ao concello o "arranxo inmediato". Así, sinala que "pasamos un verán cunha Alameda precintada por vallas e cintas e seguimos nas mesmas, co perigo que esto supón para os nenos. Na Alameda as zonas infantís están sen vallar, hai vehículos estacionados e maniobrando prácticamente dentro da zona de xogo, hai buratos no chan e algúns columpios non son seguros". 

No da Veracruz sinalan que o chan de caucho está desfeito, mentres que no dos Catro Camiños hai unha evidente falta de mantemento e no Parque municipal "os animais campan as súas anchas nos areais do espazo infantil".

Te puede interesar