roteiros

Boborás amosa os seus segredos con bastón e pantalón corto

uploaded_xuvencos_result
photo_camera Os camiñantes, onte no bosque autóctono de Xuvencos.

Os roteiros culturais organizados polo Concello e o Chamoso Lamas cumpren oito anos ensinando rincóns do municipio. Onte, medio centenar de persoas camiñaron por Xuvencos

Medio cento de persoas tiveron a oportunidade de coñecer onte os segredos da parroquia de Xuvencos, na cal aséntase a capitalidade de Boborás. Esta visita, enmarcada na programación dos Roteiros Culturais, organizados polo Concello  e o Centro de Estudios Chamoso Lamas, e financiada en gran parte pola Deputación, é xa a oitava cita para dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais do territorio, e que está a ter o respaldo de moitos interesados, segundo os propios organizadores. 

Durante a visita, os camiñantes puideron coñecer os encantos dun bosque autóctono conformado na súa maioría por castiñeiros, algún deles centenario, e a igrexa románica do século XIII de Santa María de Xuvencos. Trátase dun conxunto espectacular conformado non só polo templo senón tamén polo cruceiro do bispo, único na comarca.

O historiador Xosé Luis Sobrado falu sobre as dúas familias máis relevantes desta parroquia, as cales marcaron o rumbo económico do lugar. Unha delas era a de Etelvino Viéitez, que foi o que edificou o Pazo de Almuzara e o promotor do paso do tren por esta parroquia. A outra familia eran os Munín, ou tamén coñecidos por “Caldeireiros”, oriundos de Asturias, que chegan a Xuvencos para vender potes e caldeiros a mediados do século XIX. 

Continuando o camiño, o arqueólogo Jorge Lamas falou do camiño real no entorno do túnel que comunica co Penedo e do que aínda se conservan partes. O roteiro rematou no lugar do Penedo, onde os participantes puideron admirar o Coto Molín.

Trala andaina, na que tamén houbo tempo para coñecer a figura prerrománica sita na fachada da casa de nacemento de Perfecto Viéitez –e restaurada grazas ao esforzo do edil Avelino Prado–, os camiñantes quedaron emprazados para o próximo 6 de agosto. Turno entón para Pazos de Arenteiro.

Te puede interesar