OCIO

Boborás convida a unha visita nocturna guiada á aldea de Pazos

Os visitantes terán a posibilidade de coñecer a historia do pobo, dos seus viños, arquitectura música ou arte

A aldea de Pazos de Arenteiro.
A aldea de Pazos de Arenteiro.
Boborás convida a unha visita nocturna guiada á aldea de Pazos

O Concello de Boborás, a través da Concellería de Cultura e Turismo, organiza unha visita guiada nocturna ao patrimonio cultural de Pazos de Arenteiro, que terá lugar o sábado, día 30 de setembro, ás 22,30 horas. A concentración dos visitantes farase diante do bar A Ponte, desde onde partirá a ruta a cargo do guía turístico do Concello.

O percorrido levará aos participantes polo núcleo do Igrexario, considerado conxunto histórico artístico desde 1973. Coñecerán a historia do pobo, do viño, a arquitectura, a arte, a música e tamén dos arrieiros.

A duración da visita estímase en dúas horas e será de balde. As persoas interesadas en facela poden avisar chamando ao número de teléfono 681.166.180.

A Concellería de Turismo de Boborás desenvolve dúas visitas diurnas semanais a Pazos de Arenteiro, os sábados, ás 18,00 horas e os domingos, desde as 11,00 horas.

Nesta ocasión deuse un paso máis ao ofertar esta singular visita nocturna dentro do proxecto turístico municipal de dar a coñecer o patrimonio cultural e natural do Concello de Boborás.