o carballiño

Boborás destina 219.000 euros de fondos propios para inversións

o goberno municipal ten en fase de licitación a rehabilitación do edificio sociocultural

A Corporación de Boborás celebrou onte un pleno extraordinario no que se aprobou, únicamente cos votos a favor do grupo de goberno do Partido Popular, o orzamento na súa fase inicial para 2019 e que ascende a un total de 1.429.000 euros, nunha sesión que durou apenas sete minutos.

No capítulo de inversións, a cantidade consignada é de 219.000 euros que corresponden a fondos propios. A esta cantidade hai que sumarlle xa durante a execución todas as subvencións e convenios que o concello tramitará ao longo do ano, entroutras a execución da rehabilitación do edifício sociocultural que ascende a 577.000 euros e que está en fase de licitación. 

Ademais tamén están pendentes de executar este ano a metade do Plan Marco 2018/2019 cun vial de Cameixa e a estrada de Ventosa a Ensalde, así como o Plan Provincial de 2018 que xa está adxudicado pero pendente da melloría do tempo para poder executalo e que afecta a viais de Parada de Cameixa, Feás, Fenteira, Moreiras, Nonás, O Gabián, Paredes a Distriz y O Eixán.

A portavoz do grupo de goberno, Patricia Torres, declarou que "son uns orzamentos reais, cos que se da cumprimento e garantía a todos os servizos prestados polo concello, tales como o programa Concilia, o saneamento, abastecemento, alumeado público, Punto de Atención á Infancia e Xantar sobre Rodas".

Referiuse tamén a concelleira ao que calificou como gastos correntes relativos a persoal, mancomunidades e servizos básicos e incidiu en que os orzamentos "contan con todos os informes favorables de Secretaria e Intervención ao cumplir a estabilidade orzamentaria, regla de gasto e limite de endebedamento que no caso de Boborás é de cero euros".

Te puede interesar