FERIA DO VIÑO

Cabanelas despachou 400 litros de viño novo

photo_camera Numerosos asistentes optaron por comer baixo a carpa.

Centos de persoas degustaron o tinto deste recuncho do Ribeiro

Cabanelas celebrou onte a XVII Festa do Viño Novo. Unha cita gastronómica, que sin ser multitudinaria, ten os seus fieles seguidores, que acuden cada ano a este paraxe singular que destaca pola fermosura da súa paisaxe e por ser ese anaco da Denominación de Orixe Ribeiro que perteñece ó Concello do Carballiño.

O viño tinto servido en taza e acompañado das castañas asadas cautivou ós asistentes, que valoraron a grande calidade da colleita deste ano.

A Asociación de Veciños de Cabanelas é a impulsora desta festa e contando coa colaboración do Concello encárgase da organización. Unhos poucos adegueiros participan directamente cada ano xunto con veciños e amigos, que ademais de cociñar e servir ó público, tamén recolectaron previamente as castañas, que centos de asistentes degustaron para acompañar o viño novo. Outros moitos tamén optaron por quedarse a comer baixo a carpa instalada pola organización. O menú foi o tradicional, despachando 200 kilos de pulpo, 100 de carne ó caldeiro, 25 kilos de chourizos, 60 pezas de pan de Cea, ademais dos 80 kilos de castañas e 400 litros de viño tinto.

Entre os asiduos nunca faltan os políticos locales. O alcalde Argimiro Marnotes recoñece que, pese a ser unha festa de exaltación do viño Ribeiro do Carballiño, son poucos os veciños da vila que participan, aínda que hai moitos que non se perden nin unha edición, veciños doutros concellos e doutras provincias como no caso de Bueu, asiduos desde o comezo da festa, aumentando o número de asistentes cada ano. En esta ocasión dous autobuses con 120 viaxeiros contribuiron a animar o ambiente. Pero tampouco faltaron da cidade de Ourense, con un grupo de 20 persoas, e incluso de A Coruña, entre outros lugares, segundo apuntaba Delfín Borrajo, un dos organizadores.

Á boa comida e a degustación do viño, os veciños de Cabanelas engadiron a animación musical coa actuación dunha sección da Banda de Gaitas do Carballiño e da charanga Castro Bello de Maside.

Pola tarde tamén se ofreceu a merenda para despedir esta festa, ameazada pola falta de relevo xeneracional para continuar coa producción do viño, segundo recoñecían os propios adegueiros.

Te puede interesar