O CARBALLIÑO

Os carballiñeses estanse a “enchufar" co seu mercado

20180718212051589_result
photo_camera Unha das urnas colocadas na Praza de Abastos.

A campaña, que se desenvolve co lema de "Enchúfate coa Praza de Abastos", comezou o 7 de xuño, e consiste no sorteo dun televisor, un equipo de música, unha tablet, un teléfono móvil, un microondas, unha licuadora, unha aspiradora e unha caixa de viño da adega Pazo Tizón

A campaña de verán da Praza de Abastos está sendo todo un éxito, e así o amosan as máis de 8.000 papeletas depositadas nas urnas ubicadas no interior das instalacións por parte dos clientes. Ao respecto, o presidente da Asociación de Praceiros, Eligio González, asegura que supera con creces as expectativas iniciais, e que "son moitos os clientes que nos felicitan polos regalos que se entregarán no sorteo do próximo 9 de agosto".

A campaña, que se desenvolve co lema de "Enchúfate coa Praza de Abastos", comezou o 7 de xuño, e consiste no sorteo dun televisor, un equipo de música, unha tablet, un teléfono móvil, un microondas, unha licuadora, unha aspiradora e unha caixa de viño da adega Pazo Tizón. Os praceiros entregan as papeletas nos seus postos polas compras realizadas e, unha vez cubertas, hai que despositalas nas devanditas urnas para entrar no sorteo.

Eligio González adiantou que o día 11 de agosto, sábado, "organizaremos unha gran festa para os nosos clientes a partir do mediodía, na que contaremos coa actuación do grupo folclórico Fetiche de Pao". Os praceiros tamén promoven campañas durante o Nadal e os días do Pai e da Nai.

Te puede interesar