Os carballiñeses contan con dous prazos para pagar impostos

O servizo de Recadación do Concello do Carballiño mantén abertos na actualidade dous periodos hábiles para o pago voluntario de impostos e taxas municipais.

O servizo de Recadación do Concello do Carballiño mantén abertos na actualidade dous periodos hábiles para o pago voluntario de impostos e taxas municipais. O primeiro, que se pechará o vindeiro 4 de novembro, é o correspondente ó impostos de bens inmobles e a taxa pola recollida de lixo referida ó segundo semestre do ano, que se poden abonar nas oficiñas de Abanca e Banco Pastor. 


Nestas mesmas entidades xa se abriu un segundo prazo, ata o 1 de decembro, para o pago das taxas de auga, depuración e rede de sumidoiros, así como ao canon da Xunta, e o IVE, todos eles vencellados ó terceiro trimestre do presente ano. Dende o Concello recoméndase ós contribuíntes realizar os trámites para domiciliar os recibos nos devanditos bancos, xa que supoñen unha bonificación do 1,5% sobre o importe total.

Te puede interesar