OCIO | NADAL

Carballiño abre a programación do Nadal cunha pista de patinaxe

<p></p>
photo_camera Nenos patinando na instalación.

Nas diferentes parroquias desenvolverase un curso para preparar adornos típicos destas datas

A pista de patinaxe do Nadal foi inaugurada onte no Carballiño polos concelleiros de Cultura e Deportes, Diego Fernández e Xosé Manuel Dacal. Unhas patinadoras carballiñesas foron as encargadas de estrear esta pista, que é de material sintético, representando menos perigo nas caídas que unha pista de xeo, segundo apuntaron dende o Concello. O prezo da entrada é de 4 euros, cos patíns incluídos, e estará aberta en horario de mañá e tarde ate o próximo domingo 11 de decembro.

Con esta actividade lúdica comeza a programación do Nadal, que continuará o luns co encendido da iluminación artística nas rúas e prazas da vila, que se prolongará ata o 14 de xaneiro.

Ao redor de 30 iniciativas culturais sucederanse ao longo deste mes e na primeira semana de xaneiro, con concertos, cine, teatro, monólogos, exposicións, rutas de tapas e outros eventos propios destas datas.

Ademais, a concellería de Medio Rural organiza un curso de adornos de Nadal que se desenrolará do 5 ao 16 de decembro nas asociacións de veciños das parroquias. Este curso ten por obxectivo enseñar a elaborar adornos a partir de materiais que poidan reciclarse e doutros que se atopen no medio natural. Desenvolverase nos locais sociais en distintos días e horarios para facilitar a participación dos veciños.

Te puede interesar