GASTRONOMÍA

Carballiño acolle hoxe a segunda xornada da nova Ruta das Tapas

O número total de agasallos que se repartirán chega aos dous mil.

Carballiño acolle hoxe a segunda xornada da nova Ruta das Tapas

Hoxe terá lugar a segunda xornada da nova tempada da Ruta das Tapas do Carballiño. A primeira desenvolveuse o venres pasado e foi todo un éxito pola calidade dos pinchos e os agasallos que se entregan nesta edición. Ademáis, segundo informanos organizadores, houbo centenares de descargas da app “Quedamosde Tapas”, na que poden verse as tapas que oferta cada un dos dezaséis locais integrantes desta iniciativa.

 Estes locais ofertarán tapas ao prezo de 1,50 euros. A ruta está dedicada aos produtos do Nadal, e os clientes poderán obter regalos directos como mochilas, mecheiros, bolígrafos portamóbiles, cargadores de móbiles, paraguas, pinchos gratuitos noutros locais, caixas de viño Pazo Tizón, e regalos por sorteo como servizos nos dous balnearios do Carballiño, entradas para os partidos de C.D. Arenteiro e 150 vales de compra nos establecementos do Centro Comercial Aberto por valor de 10 euros cada un. O número total de agasallos que se repartirán chega aos dous mil.