TRABALLO SOCIAL

Carballiño acollerá a 120 persoas co programa “Xuntos polo Nadal"

sabela_2_result
photo_camera A Residencia do Tempo Libre do Carballiño.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de novembro incluído

A Residencia do Tempo Libre acollerá un ano máis o programa "Xuntos polo Nadal", que na súa totalidade oferta 240 prazas, das que 120 son do Carballiño, para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra, e outras 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as solicitudes procedentes das provincias da Coruña e Ourense. 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, desenvolve este programa, dirixido a aquelas persoas maiores de 60 anos que se atopen soas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias, e que queiran pasar o Nadal en compañía. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos diferentes concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar de Política Social.

Te puede interesar