ACTIVIDADES DE NADAL

Carballiño desenvolverá unha trintena de actos durante as datas do Nadal

As luces de Nadal se encenderán o próximo 5 de decembro

Carballiño acollerá, do 3 de decembro ao 27 de xaneiro máis de trinta eventos e actividades culturais, organizada polo Concello en colaboración con entidades como a Praza de Abastos, o Cine Club, o Casino, as Corais do Orfeón e do Casino, a Escola de Gaitas, Agadic, Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación e outras. Monólogos, teatro infantil e de adultos, cine, eventos deportivos, concertos, un gran musical e distintos obradoiros sucederanse nestes dous meses.

O programa foi presentado esta xoves polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que anunciou o encendido da iluminación artística do Nadal na tarde do martes, 5 de decembro.

Entre os eventos máis destacados figuran os monólogos de Miguel Lago e El Sevilla; o musical La Bella y La Bestia; os espectáculos infantís O conto da Azuzaina, pola compañía Limiar Teatro; A Nena que quería navegar, pola Compañía Redrum Producións; Rockenstein, pola Compañía Malasombra Teatro e os espectáculos infantís gratuitos: Paxaro amigo: Músicas para a paz, concerto de Mamá Cabra, e Compañía Os Bolechas con “Un conto de Nadal”.

A visita do Papá Noel será o día 23 de decembro, e a Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro.

Te puede interesar