MÚSICA

Carballiño prepara un concerto de Dasoul e Dany Romero

Tanto o concelleiro de Cultura, como os promotores do concerto aseguraron que esta actividade sitúa á vila nun lugar preferente na oferta musical para este Nadal

O día 23 de decembro Carballiño acollerá un concerto de música latina, house e electrónica dos cantantes e productores Dasoul e Dany Romero. Esta actividade foi presentada onte pola mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, a un representante da empresa promotora. Segundo se puxo de manifesto no acto de presentación, a día de hoxe xa  está agotado o 75% do aforo da discoteca Isis Pharia, na que se celebrará o concerto, polo que mostraron tamén interese moitas persoas de fóra da comarca carballiñesa.


Tanto o concelleiro de Cultura, como os promotores do concerto aseguraron que esta actividade sitúa á vila nun lugar preferente na oferta musical para este Nadal, e que a ubicacion estratéxica de Carballiño, con acceso por autovía en todas as direccións, estaba a contribuir ao éxito desta iniciativa. Neste sentido, Diego Fernández agradeceu o"o risco e o esforzo" da sociedade promotora para traer a Carballiño un evento destas características para a mocidade.

O concerto  comezará o venres día 23, ás 22,30 horas, e xunto a Dasoul e Dany Romero, actuarán os DJ Groove Amigos, The Prieto Brothers e Estewe Gómez.

Te puede interesar