EVENTO

Carballiño recibirá mañá a 76 superdeportivos

Setenta e seis vehículos de alta gama, con un total de 150 participantes, concentraranse este sábado, 27 de maio, na Praza Maior, dentro da II KDD de Superdeportivos Vila do Carballiño

Setenta e seis vehículos de alta gama, con un total de 150 participantes, concentraranse este sábado, 27 de maio, na Praza Maior, dentro da II KDD de Superdeportivos Vila do Carballiño. As inscricións proceden de toda Galicia, pero tamén de fóra, como Madrid ou Portugal, e entre outras marcas figuran últimos modelos de Ferrari, Porche, Mercedes, Audi, Lamborghini e BMW. Os prezos dos vehículos oscilan entre os 100.000 e os 250.000 euros, polo que o valor total dos coches participantes pode rondar os 11 millóns de euros. O evento foi presentado polo alcalde, Francisco Fumega, o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, e o organizador Santi Pereira, propietario do bar Plaza. 

A concentración comezará ás 10,00 horas e a partir do mediodía realizarase unha ruta ata o circuito de Choqueiro, en Viduedo (Cea). Sobre as 13,30 está previsto o regreso ao Carballiño, e ás 14,00 horas, xantar nunha carpa que se instalará na Praza Maior, con animación dun DJ presentador, entre outras actividades que completarán a xornada. 

Te puede interesar