PLAGA

Eliminados no Carballiño 76 niños de vespa velutina

AVISPA_result
photo_camera Un dos niños retirados.

Por ahora, Protección Civil ten pendente de eliminar outros 20 niños máis

 

O Gruipo Municipal de Emerxencias do Carballiño, en colaboración coa Agrupación Local de Protección Civil leva retirado 76 niños de avispas asiáticas (avispas velutinas) no termo municipal do Carballiño, e ainda quedan outros vinte niños por eliminar. O proceso resulta moi laborioso, por canto moitos destes niños atópanse en árbores a unha gran altura, o que dificulta o acceso. 

Nestes casos utilízase un sistema de eliminación a base de inxectar un veneno que mata ás avispas e o niño queda totalmente inoperativo, deixando que sexa o tempo e a climatoloxía o que acabe por derrubalo. Precisamente, o sistema de inxección deste veneno, que se dispara dentro dunhas bolas e que é moi complicado preparar, é o que impide que se poidan destruir os niños destas avispas con maior celeridade. 

En todo caso, os integrantes do Grupo Municipal de Em erxencias e a Agrupación de Protección Civil proseguirán con este traballo ata erradicar todos os niños de avispas asiáticas no termo municipal carballiñés.

Te puede interesar