patrimonio

O Catálogo galego do Patrimonio inclúe hórreos e eiras de Mundín

A Dirección Xeral de Patrimonio destaca o valor etnolóxico e antropolóxico deste conxunto de eiras e hórreos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través da Dirección Xeral de Patrimonio- vén de acordar a inclusión no Catálogo do Patrimonio cultural de Galicia como ben inmoble coa categoría de lugar de valor etnolóxico o conxunto de eiras e hórreos de Mundín, na parroquia de Garabás, no termo municipal de Maside. 

Neste núcleo de Mundín existe unha agrupación de seis hórreos en distinto estado de conservación, así como evidencias dunha pavimentación de pedra dunha eira destinada a mallar e outro espazo de eira no que se atopan moi próximos o resto dos hórreos. 

Este conxunto de eiras, espazo e posición agrupada e próxima de hórreos resulta singular e única no núcleo, onde o resto dos hórreos se dispoñen de forma asociada principalmente á edificación principal á que serven. 

de Mundín ao ser reflexo dos modos de vida tradicionais e das relacións entre as persoas e os seus medios de produción.

Os hórreos galegos teñen unha especial consideración e entre os obxectivos xerais da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia está a súa protección, segundo sinalan os responsables de Patrimonio.

Te puede interesar