O CARBALLIÑO

O comercio local comeza a nova campaña de Nadal en O Carballiño

20171214201006999_result
photo_camera Julián Garriga e Adolfo Nogueira durante la presentación de la campaña.

Outra actividade xa coñecida por todos é o concurso de escaparates.

Hoxe comeza a campaña de Nadal do  Centro Comercia Aberto (CCA) do Carballiño, este ano chamada "Vive o Nadal co CCA". 
Dende esta mañá, todos os que merquen nos comercios locais recibirán unha papeleta para o sorteo. Entre os gañadores, que coinciden co primeiro e co segundo premio da lotería de Reis, repartiranse un total de 1.350 euros en vales de compra para as tendas da vila. 

Outra actividade xa coñecida por todos é o concurso de escaparates. Terá lugar o día 22 de decembro e será un xurado formado polos medios de comunicación o encargado de escoller ós vencedores. Os premios para os tres gañadores son de 150, 100 e 50 euros respectivamente. 

As novidades farán as delicias dos máis pequenos. Un Tren do Nadal percorrerá os principais lugares da vila os días 22 e 23 de decembro. O día 4 de xaneiro, en tres plazas da vila, colocaranse colchonetas inchables para os cativos. Os boletos para ambas actividades poderanse mercar nos comercios asociados. 

Con esto preténdese crear ambiente navideño, así como fomentar a venta nas tendas locais. "Unha das cousas polas que é coñecido o noso pobo é polo comercio, grazas a actividades como estas do CCA loitando contra as grandes áreas comerciais", asegura Adolfo Nogueira, concelleiro de Promoción Económica do Carballiño.

Te puede interesar