O CARBALLIÑO

El comercio recuperará o seu Premio Azougue tras dous anos

Premio Azougue, 2016
photo_camera O grupo Cer&Ber recibía o último Premio Azougue, no ano 2016.

A concellería de Promoción Económica pretende dar un novo impulso aos empresarios locais

O Premio Azougue, co que o Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño facía un recoñecemento anual a un empresario que destacaba pola súa traxectoria, leva dous anos sen ser convocado. O motivo, segundo sinala a xerente do CCA, Noelia Mares, está en que se fai necesario un cambio nas bases da selección dos galardoados para ampliar a posibilidade a outros establecementos. Nese sentido, a xerente referíase á modificación dos requisitos, entre os que se contemplaba a antigüidade de 50 anos, e que se pretende reducir, adaptando o premio aos novos tempos.

O concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que foi un dos impulsores do Azougue cando era presidente da asociación de empresarios e comerciantes, propuxo a súa recuperación ao presidente do CCA, Julian Garriga. O edil manifestou que desde a súa concellería prestarase apoio económico e loxístico para poñelo en marcha novamente no 2019.

Así, está en proxecto que se celebre a XI edición na próxima primaveira e para elo poñeranse sobre a mesa propostas sobre os cambios que haberá que introducir no pliego de requisitos que deben cumprir os homenaxeados.


Historia


No ano 2006 xurdiu a idea de crear un premio que resaltase o labor profesional, comercial e emprendedora dos empresarios e comerciantes do Carballiño, que o longo dos anos mantiveron unha traxectoria de traballo de éxito que se perpetuou o longo de varias xeracións.

O principal obxectivo agora está en manter a idea orixinal, aínda que reducindo o número de anos de traxectoria profesional, co fin de abarcar un campo máis amplo de negocios.

Os premios Azougue entregábanse durante a celebración dunha cea á que asistían os homenaxeados, os seus invitados e demais interesados en participar, xunto coas autoridades municipais. O negocio elexido recibía unha escultura ideada por Rebeca Perea e realizada por Mariano Ortega e Cesáreo Alberto Rodríguez.


Dez recoñecementos ata o ano 2016


Azougue en galego siñifica Mercurio, deidade grega do comercio. Os homenaxeados nas 10 anteriores edicións foron: en 2006 , Manuel Otero Justo de Comercial Orcellón; en 2007, Camilo Rodríguez Pereira, de  Autocares Rodríguez; en 2008, Julio González Pereira, de Autoservicio Pereira; en 2009, María José Cerviño Valeiras y Rogelia Cerviño Valeiras, de Confitería Cerviño; en 2010, Florindo González Otero, de Frigoríficos Florindo & Hijos S.L; en 2011, Hermanos Garriga; 2013, Chocolates la Carballinesa; 2014,  Garaje Nogueira; en 2015, Floristería Carmiña e o último en celebrarse foi en 2016, cun homenaxe ao Grupo Cer&Ber. Dar continuidade nos vindeiros anos ao Premio Azougue é necesario, segundo Adolfo Nogueira, para recoñecer o labor dos empresarios e comerciantes e mostrarlles o necesario apoio.

Te puede interesar