CONCELLO

O Concello chega a un acordo para os incentivos dos funcionarios

O acordo adoutouse por maioría sindical, e establece criterios de carácter obxectivo para a percepción deste complemento, entre os que figuran a asistencia, a puntualidade así como a especial dedicación e o esforzo no desempeño do posto de traballo. 

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Personal, Adolfo Nogueira, asinaron cos representantes sindicais de CCOO, CSIF e SPPME un convenio que define os criterios de concesión do complemento de produtividade aos traballadores e traballadoras do concello. O acordo adoutouse por maioría sindical, e establece criterios de carácter obxectivo para a percepción deste complemento, entre os que figuran a asistencia, a puntualidade así como a especial dedicación e o esforzo no desempeño do posto de traballo. 

A Concellería de Persoal e os representantes sindicais dos empregados municipais mantiveron conversas co obxectivo de definir e consensuar as relacións laborais na institución municipal, destacando entre elas a relación de postos de traballo e as bases de selección das oposicións, que se están a negociar na actualidade. 

Te puede interesar