POLÉMICA

Concello e Cine Club dispútanse o auditorio de Carballiño

O edil sale ó paso das manifestacións de Cine Club que deixou de colaborar no ciclo Cinemas de Galicia porque a Concellería ocupou o auditorio en tres ocasións con outros espectáculos

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, considera que "non é racional privar aos carballiñeses de actos culturais de renome e cunha gran asistencia de público, por estar ocupado o auditorio cunha proxección de cine que, de modo excepcional –tres venres- pódese proxectar outro día ou incluso na Casa da Cultura". 

O edil sale ó paso das manifestacións de Cine Club que deixou de colaborar no ciclo Cinemas de Galicia porque a Concellería ocupou o auditorio en tres ocasións con outros espectáculos. Diego Fernández, puntualiza que "non se trata, nin moito menos, de marxinar unha ou outra actividade cultural, senón de utilizar da mellor forma posible as instalacións culturáis que temos no Carballiño", ao mesmo tempo que apunta que está aberto ao diálogo.

Te puede interesar