O CARBALLIÑO

O concello de O Irixo mellora a seguridade nas estradas

20171214201933478_result
photo_camera A colocación de quitamedos nas estradas son algunhas das melloras

Os socialistas celebran que estas actuacións se leven a cabo grazas á súa intervención, aínda que lamentan que se tardase tanto en realiza

O concello de O Irixo inicia as obras de mellora da seguridade das estradas trala moción presentada polo Partido Socialista no pasado mes de novembro, que instaba a tomar medidas en zonas que acarrexaban risco para conductores e viandantes. 

A moción incluía vintetrés actuacións concretas como a colocación de varandas, barreiras de seguridade ou quitamedos na estrada o seu paso por pontes, colocación de novas sinais, entre outras, así como unha reportaxe fotográfica dos lugares e das actuacións que son máis urxentes. Algunhas das que requerían unha rápida actuación eran as pontes  da parroquia de San Cosme o seu paso polo Tellado ou a Costa. 

Os socialistas celebran que estas actuacións se leven a cabo grazas á súa intervención, aínda que lamentan que se tardase tanto en realizar unhas actuacións que hai trinta e un anos que chaman por seren resoltas.

Te puede interesar