O CARBALLIÑO

O Concello de Piñor contará cunha área de autocaravanas

A parcela está nun dos núcleos con máis poboación e actividade da zona, próximo á Vía da Prata, e que dispón de varios locais de hostalaría e comercio.

O Concello de Piñor contará cunha área de autocaravanas ao abeiro dun convenio de colaboración que asinará coa Consellería de Cultura e Turismo ao cal o Consello da Xunta deu onte o visto bo. Esta área de autocaravanas instalarase no Monte dos Cestos, unha zona especialmente adecuada para esta infraestrutura pola súa localización xeográfica estratéxica que permitirá, ademais de dar servizo a esta comarca tamén á zona central de Galicia.

Alí, habilitarase un espazo para carga e descarga dos depósitos das autocaravanas e disporase dun lugar de estacionamento, poñendo así en valor este concello e o xeodestino do Ribeiro-O Carballiño, co atractivo que implica dotalo dun servizo con estas características, segundo manifestaron responsables do Goberno autonómico.

A parcela está nun dos núcleos con máis poboación e actividade da zona, próximo á Vía da Prata, e que dispón de varios locais de hostalaría e comercio.

A súa instalación será unha oportunidade para reforzar a actividade económica do interior da provincia de Ourense a través da actividade turística.

A Estratexia do Turismo de Galicia 2020 inclúe entre as súas accións o impulso deste turismo itinerante aproveitando a actualización da normativa sobre campamentos de turismo na cal o Goberno autonómico está a traballar.n

Te puede interesar