CONCURSO

Concurso online de fotografía sobre a muller e o liderato

A presentación asistiron os presidentes do CCA e de O Potiños, Julián Garriga e Manuel Blanco

Coa novidade de introducir o envío online perséguese incrementar a participación no VI Concurso Fotográfico Unha mirada de xénero: A muller e o liderato”, que organiza a área de Ingualdade do Concello do Carballiño, en colaboración co Centro Comercial Aberto e a Asociación fotográfica O Potiños.

De feito, apuntaba a concelleira Marina Ortega, que hai xa peticións de información desde outras provincias galegas e de fóra da comunidade.

Marina Ortega, dixo, durante o acto de presentación, que o máis importante é conseguir unha gran difusión desta iniciativa, porque o que busca é reivindicar o papel da muller nos postos de alta dirección ou cargos públicos. A presentación asistiron os presidentes do CCA e de O Potiños, Julián Garriga e Manuel Blanco. 

Te puede interesar