EMPREGO

Críticas do PP á precariedade laboral entre o persoal municipal

Os populares solicitan a convocatoria urxente dunha comisión de persoal para analizar os convenios co INEM

O grupo municipal do PP no Carballiño considera "inverosímil" a existencia de 32 traballadores achegados dende o INEM, correspondentes ao convenio de colaboración social, fronte aos 30 existentes nas brigadas de obras, medio ambiente, xardinería, conserxes e servizo eléctrico. Segundo os populares, esta situación "fai do Carballiño o concello de Galicia que aposta máis pola precariedade laboral que por procurar contratos reais para a execución de diversos traballos". Así, engaden que "ningún concello da mesma entidade ca do Carballiño sucede tal precedente, que a aportación de colaboración social supere aos propios traballadores nas áreas afectadas, e que nalgún caso, ademais, os colaboradores sociais cobren máis que os propios operarios municipais".

Por este motivo, o PP solicita a convocatoria urxente dunha comisión de persoal para analizar estes convenios co INEM e para o que "requirimos a presenza expresa da secretaria municipal e da interventora logo de saberse que os seus informes non son favorables polo que fai falta a súa aclaración". 

Te puede interesar