ENTROIDO EN CARBALLIÑO

Desfile, concurso e moito baile para os máis pequenos en O Carballiño

Entroido. Carballino. Desfile Infantil. Praza Maior de Carballino.  IVAN DACAL
photo_camera Os ladróns acudiron escoltados por los axentes da lei e o cura.

Hoxe é o día da murga máis histórica do Carballiño: Os Liborianos, que ofrecerán pasarrúas e cantarán as súas satíricas coplas na Praza Maior

Un obradoiro de máscaras na mañá de onte e o desfile e concurso de disfraces infantís, que se desenvolveu pola tarde na Praza Maior, abriron este tempo de Entroido no Carballiño, que se prolongará durante seis días ata o domingo de piñata, coa celebración da Festa da Cachucha. A festa infantil contou con numerosos participantes, que desfilaron con orixinais traxes competindo no concurso de disfraces organizado pola Concellería de Cultura. Despois, disfrutaron co baile, os xogos e animación do DJ Tibu. 

Así, os nenos foron os protagonistas desta primeira xornada de troula, que siguiu pola noite nos locais da hostalería, con outro concurso de disfraces e moita animación de Entroido.

Hoxe é o día da murga con máis historia do Carballiño: Os Liborianos. Ofrecerán pasarrúas e interpretarán as súas tradicionais coplas a partir das 20,00 horas, na Praza Maior.Pero os días grandes do Entroido serán o luns e o martes. O luns haberá animación de rúa coa Charanga Mekánica, a partir das 11,30 horas. E pola noite terá lugar na Praza Maior unha das actuacións máis agardadas, a da orquestra espectáculo de Portugal Funçâo Públika. O martes é festivo e celebrarase o gran desfile, no que participarán máis dun millar de persoas. Haberá 5.300 euros en premios para os mellores grupos procedentes de toda o contorno. 

Te puede interesar