Dez operarios traballarán na extinción dos incendios

O Concello do Carballiño contará en próximas semanas con 23 traballadores destinados a labores de limpeza, desbroce e extinción de incendios, gracias ós convenios firmados con distintas consellerias da Xunta de Galicia. En concreto, e a través dunha subvención da consellería de Medio Rural, disporá de 15 operarios, dos que 10 (dúas brigadas) serán para a extinción de incendios, e os outros 5 para labores de desbroce. Estos operarios terán un contrato de tres meses de duración. Ademais, a través dun convenio coa consellería de Traballo, dentro das políticas de fomento de emprego, se contratarán 10 persoas que están en beneficio de Risgas para obras e oficinas.

A Asociación de Veciños do Carballiño alertaba onte da falla de seguridade na vila dende que se suprimiu a brigada de emerxencias e sin que funcione o parque de bombeiros. Os veciños, consideran que na tempada estival, cando aumenta considerablemente a poboación, "é moi grave que non poidamos garantir unha seguridade efectiva ante unha emerxencia".

Te puede interesar