CICLISMO

O Día da Bici xuntou a 550 ciclistas nas rúas

<p></p>
photo_camera Un intre da saída do paseo, coa Veracruz ó fondo.

Os participantes, de tódalas idades, disfrutaron dos nove kilómetros da proba

A ausencia de choiva durante todo o itinerario beneficiou ós afeccionados ó deporte que participaron na duodécima edición do "Día da Bici", que se celebrou onte no Carballiño baixo a organización da Concellería de Deportes. Finalmente foron 550 os veciños de tódalas idades os que percorreron un circuito de nove quilómetros polo casco urbán da vila e a súa contorna.

A saída tivo lugar na praza da Veracruz ás 11,30 horas, e os ciclistas pasaron polas rúas Curros Enríquez, Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón e Paseo ata chegar a praza do Emigrante, para logo continuar por Avellanosa, Carboeiros, Balneario, Parque Municipal, Piscifactoría, estrada de Mesego e regresar ó punto de partida. Os participantes máis cativos tamén tiveron a oportunidade de competir nunha ximcana na mesma praza da Veracruz e para a que tiñan preparados varios agasallos.

O alcalde, Francisco Fumega, o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal, e representantes do Centro Comercial Aberto e da Praza de Abastos, foron os encargados de entregar os premios e os trofeos donados polas entidades colaboradoras. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil velaron pola seguridade.

Te puede interesar