entroido de verán

O Entroido de Verán contará cun gran desfile no Carballiño

Participarán máis de 500 persoas divididas en 14 comparsas, murgas e charangas

Máis de 500 persoas, integradas nun total de 14 comparsas, murgas e charangas, desfilarán este sábado polas rúas do centro do Carballiño na celebración do tradicional Entroido de Verán. Ademais das agrupacións premiadas no Entroido de inverno, tamén haberá participantes de diversos puntos da xeografía galega. A comitiva festiva partirá ás 20,30 horas dende a praza da Veracruz para percorrer o casco urbán e finalizar na Praza Maior da localidade.n

Te puede interesar