galeguismo

O PP abandeira o galeguismo como a marca que o diferencia

WhatsApp Image 2017-07-21 at 18.12.44_result
photo_camera Foto de grupo.

A Casa da Cultura do Carballiño acolle a sétima edición da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco

A Casa da Cultura do Carballiño acolle desde onte e durante a mañá de hoxe a sétima edición da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco, dedicada este ano ao galeguismo como aposta de futuro. O presidente provincial, Manuel Baltar, e o secretario de estudos e pensamento galeguista e parlamentario autonómico, César Fernández Gil, inauguraron a escola, que contou coa asistencia de afiliados e simpatizantes que encheron o aforamento. Manuel Baltar sinalou que a raíz galeguista “é a que marca a diferenza do PP con respecto a outros partidos, formando gobernos sólidos contra ventos e mareas, cun galego á fronte do goberno de España e cunha institución como a Deputación desde a que se traballa cunha visión integral da provincia”.

Nesta liña, advertiu César Fernández, que “o PP debe apostar polo galeguismo como fórmula de unidade e facer bandeira desta singularidade para gañar cada vez maior apoio social”.

A Xosé Manuel Barreiro, portavoz do grupo popular no Senado, correspondeulle o primeiro relatorio, falando do espazo político do galeguismo nas Cortes Xerais. 

Para Barreiro, o PP representa o galeguismo integrador, moderado e moderno que se basea na defensa das raíces culturais e dos intereses do territorio en dúas direccións, desde Galicia para o conxunto do estado e viceversa. Con citas a Fernández Albor e Manuel Fraga, como abanderados do galeguismo, Barreiro asegurou que “non hai mellor defensa do noso que contar cun galego na presidencia do Goberno”, en referencia a Mariano Rajoy, tanto pola súa aposta por infraestruturas e investimentos, como o AVE, como por contar con galegos para postos de relevancia. 

Ademais fixo balance das iniciativas presentadas a prol da reactivación económica da comunidade de Galicia, para concluír sinalando que “Galicia sempre está presente no labor lexislativo das Cortes”. 

Te puede interesar