política local

Espazo Común presenta listas en toda a comarca

O novo partido, que impulsa Pachi Vázquez, celebra este venres un acto aberto a cidadanía para darse a coñecer

A nova formación Espazo  Común, que promove o exconselleiro e exalcalde do Carballiño, Pachi Vázquez, preséntase de xeito oficial este venres na comarca do Carballiño. O acto aberto ao público está previsto para as 20,00 horas, no salón de actos do Hotel Arenteiro. Os responsables deste novo partido sinalan que este proxecto está impulsado "por moitos homes e mulleres comprometidos socialmente cos seus pobos e dispostos a traballar na procura do mellor dos futuros para o conxunto da veciñanza", engadindo que comeza a súa andaina nesta bisbarra nun acto aberto á participación de todos.

En relación ao obxectivo fundamental, sinalan que "é o de mellorar o nivel de prosperidade e o grao de convivencia de toda a cidadanía e sendo unha das súas principais metas facilitar canles de participación para estes na acción política dos seus respectivos concellos". 

Tamén aseguran que nos primeiros días de andaina do Espazo Común "son moi numerosas as adhesións recibidas e moi elevado o número de persoas que queren participar neste proxecto, o cal garante a presentación de candidaturas sólidas na práctica totalidade dos concellos da comarca do Carballiño". Neste acto únicamente está prevista a presentación da formación, xa que as listas aínda non se farán públicas.

No Carballiño están pendentes de resposta algunhas incógnitas sobre se o cabeza de lista vai ser Pachi Vázquez, xa que non o descartou nunha recente comparecencia, e tamén se mantén a interrogante de si figurará Adolfo Nogueira, que fora portavoz municipal socialista, e as dúas concelleiras, Érika Paz e Charo González, ahora no grupo dos non adscritos.

Te puede interesar