CARBALLIÑO

A Festa das Parroquias celebra o seu 25 aniversario

A festa será o próximo 4 de xuño, pero xa comezarán as actividades o día 2, cunha charla do historiador José Luis Sobrado

A Federación de Asociacións de Veciños do Carballiño organiza a Festa das Parroquias que cumpre os 25 anos desde a súa primeira edición. Con motivo do aniversario, tamén se celebrará no Parque municipal do Carballiño, segundo o anunciaron durante o acto de presentación o alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Medio Rural, Charo González; e os representantes da federación, Aurora Gómez e Manuel Reboredo.

A festa será o próximo 4 de xuño, pero xa comezarán as actividades o día 2, cunha charla do historiador José Luis Sobrado. O domingo haberá pasarrúas, concerto da Banda Escola de Música do Carballiño, xantar, regueifas, campionatos de cartas e xogos populares, ademais da actuación dun grupo musical. O xantar ten un custo de 18 euros.

Te puede interesar