CONCELLO

Franco quedará sen a medalla do Carballiño

O ditador recibiu a condecoración coincidindo coa inauguración da actual residencia do tempo libre

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do Carballiño presentará ante o Pleno da Corporación unha solicitude para a retirada da medalla de ouro que recibiu Francisco Franco no ano 1961. A moción dos dous concelleiros nacionalistas deberá ser tratada por vía de urxencia na sesión plenaria que se celebrará o vindeiro xoves, xa que non foi rexistrada en tempo para a súa inclusión na orde do día.

O voceiro municipal do BNG, Xosé Francisco Ferreiro, lembrou que a Corporación carballiñesa acordou en setembro de 1958 a proposta de concesión da medalla ó entonces xefe do Estado español, que logo lle sería imposta tres anos despois aproveitando a visita do dictador á vila do Arenteiro para a inauguración da actual Residencia do Tempo Libre.

O edil nacionalista apuntou que "hai que facer cumplir a Lei de Memoria Histórica e rematar con este tipo de homenaxes a un ditador que protagonizou un periodo de horror na nosa historia". O pleno da Corporación si debatirá dentro da orde do día outra proposta do BNG para que os cinco presuntos violadores da coñecida como "Manada" sexan declarados "persoas non gratas" no municipio carballiñés.

Te puede interesar