Unha funcionaria dirixiu o tráfico na festa de Piñor

uploaded_trafico
photo_camera A traballadora do Concello de Piñor ordenando o tráfico.

O alcalde, José Luis González, manifestaba que durante o mandato do PSdeG "nunca se regulou o tráfico e topámonos cun atasco por causa dos camións dun aserradoiro"

O grupo municipal socialista de Piñor manifesta a súa perplexidade pola situación presenciada en Loeda cando nos atopamos cunha traballadora de oficina do concello regulando o tráfico de vehículos nas inmediacións da igrexa de Loeda, onde se conmemoraba a festividade de San Brais.

Segundo afirman os socialistas, a empregada municipal, ubicada no medio da antiga estrada entre Ourense e Santiago (no tramo entre Loeda e Torguedo) dirixiu o tráfico, indicándolles ós condutores o que tiñan que facer. "O normal, prevendo dificultades no tráfico, sería poñerse en días previos en contacto coa Dirección Provincial de Tráfico ou coa entidade titular da estrada, a Xunta de Galicia, para buscar solucións sen necesidade de poñer en risco a integridade física e a seguridade dunha traballadora do concello", sinalan.

O alcalde, José Luis González, manifestaba que durante o mandato do PSdeG "nunca se regulou o tráfico e topámonos cun atasco por causa dos camións dun aserradoiro, por iso estivo media hora ata que llegou Protección Civil".

Te puede interesar