CULTURA

O humorista Enrique San Francisco estará mañá no Auditorio

"De cañas con...Enrique San Francisco" terá lugar no auditorio do Carballiño ás 21 horas. 

Dous espectáculos para todos os públicos abrirán este sábado no auditorio do Carballiño o programa cultural do Nadal. Trátase da obra “Cuento de Navidad” e do monólogo “De cañas con… Enrique San Francisco”. Ambos eventos terán lugar no auditorio municipal, en horarios de 17,00 e 21,00 horas, respectivamente.

"Cuento de Navidad" é unha representación da coñecida obra de Charles Dickens, que foi adaptada en multitude de ocasións ao cine, á televisión e ao teatro, e que agora chega ao Carballiño nunha versión teatral que percorre toda a xeografía nacional cun grande éxito. 

"De cañas con...Enrique San Francisco" é o último espectáculo de humor montado por este popular actor que ten participado en máis dun cento de películas, series de televisión e obras de teatro de éxito. 

Te puede interesar