EDUCACIÓN

O IES Número 1 ofrece unha exposición sobre cambio climático

Trátase dunha exposición itinerante do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación de Galicia

O IES Nº 1 do Carballiño ofrece desde o pasado día 11 e ata o 29 de marzo unha exposición organizada polo Departamento de Ciencias Naturais sobre o cambio climático e a súa repercusión na sociedade.

Trátase dunha exposición itinerante do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación de Galicia (CEIDA) que lle permite ao alumnado realizar durante as clases de Bioloxía e Cultura Científica diversas actividades sobre a materia.

Os obxectivos fundamentais que se perseguen van encamiñados a tentar sensibilizar ás novas xeracións e mellorar a súa implicación no que concirne á súa corresponsabilidade medioambiental, para que tomen conciencia dos retos aos que se enfronta a humanidade derivados dun problema tan grave e esencial como é o cambio climático, segundo apuntan os responsables deste centro educativo.

Te puede interesar