INCENDIO

Un incendio nun pendello do Carballiño calcinou un tractor e material agrícola

Os feitos tiveron lugar ás 3,10 horas no lugar de Bouteiro, na parroquia de Sagra.

Un incendio nun pendello do Carballiño calcinou un tractor e material agrícola

Un incendio nun pendello no Carballiño na madrugada deste domingo provocou diversos danos meteriais. O lume calcinou un tractor e outros materiais agrícolas. 

Os feitos tiveron lugar ás 3,10 horas no lugar de Bouteiro, na parroquia de Sagra. Ata alí desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Carballiño, a Garda Civil e de Protección Civil.