EDUCACIÓN

Os institutos levarán as súas bibliotecas á Praza Maior de O Carballiño

A actividade porase en marcha a partir das 17,00 horas deste próximo xoves

O Instituto Número 1 e o IES Chamoso Lamas do Carballiño celebrarán o próximo 20 de abril unha nova edición de Bibliotecas na Rúa para festexar o próximo Día do Libro. Un ano máis a actividade consistirá en trasladar unha parte das bibliotecas de ambos centros educativos á Praza Maior.

A actividade porase en marcha a partir das 17,00 horas deste próximo xoves, coa exposición de numerosos libros, e onde tamén haberá música e o recitado de poemas e textos por parte dos alumnos de ambos institutos. Os responsables docentes animan ao público a asistir e participar. 

Te puede interesar