O Irixo cubrirá vacantes no persoal municipal

O primeiro dos postos está vencellado ás dependencias da Casa do Concello, e corresponde a un técnico para a escala administrativa, englobado no grupo de funcionarios

O Concello do Irixo vén de facer pública a súa oferta de emprego, que foi aprobada mediante un decreto asinado polo alcalde, Manuel Penedo, o pasado mes de xullo. Concretamente, trátase de cubrir dúas prazas vacantes de persoal municipal, unha de funcionario e  outra de persoal laboral fixo, dacordo coa relación de postos de traballo (RPT) e co orzamento en vigor.

O primeiro dos postos está vencellado ás dependencias da Casa do Concello, e corresponde a un técnico para a escala administrativa, englobado no grupo de funcionarios. A segunda praza pendente de cubrir é de peón conductor da pa mixta que utiliza o Concello como tractor e desbrozadora.

O Concello do Irixo deberá seleccionar os dous traballadores  no pertinente concurso que vai ser convocado en breve. O servizo que presta a desbrozadora foi criticado pola oposición na Corporación, ó suliñar que facía limpeza de fincas á veciños de confianza do propio alcalde. n

Te puede interesar