CARBALLIÑO

Jorreto cre que o Balneario é a mellor obra de Vázquez Gulías

<p></p>
photo_camera Asistentes a unha das ponencias que se desenvolveron na Casa da Cultura de Carballiño

Clausuradas na Casa da Cultura as xornadas adicadas ó legado do arquitecto nado en Beariz

Unha mesa redonda moderada por Óscar Gónfer pechou na tarde de onte na Casa da Cultura do Carballiño o programa das Xornadas Monográficas, centradas na análise do legado do arquitecto Daniel Vázquez Gulías, nado no municipio de Beariz, a autor de obras tales como o Hotel Roma ou a Casa Taboada, na cidade; a nova igrexa de Maside e os balnearios da Toxa e da vila do Arenteiro, entre outras. Antes da clausura, o carballiñés Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura, fixo referencia ó Gran Balneario da vila do Arenteiro, no que precisamente está a traballar nun proxecto de ampliación e modernización.

Para Jorreto, este centro termalk "é, a nivel arquitectónico, a obra máis racional de Vázquez Gulías, xa que conxuga un edificio integrado nunha paraxe natural", a pesares de que o hotel blaneario da Toxa teña un volumen meirande. Por iste motivo, engadiu que "para rehabilitar as instalacións non se pode tocar nada do feito, xa que sería como matar todo o anterior, hai que respetar esa obra". Xosé Luis Sobrado, historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, unha das entidades organizadoras, apuntou que "estas xornadas saíron moi ben e nestes dous días aprendemos moito sobre o traballo de Vázquez Gulías, que estaba algo esquecido".

Sobrado engadiu que "unha das conclusións que hai que entresacar é a aposta necesaria pola conservación e recuperación do patrimonio, xa que é un valor engadido que hai que cuidar para a nosa sociedade". Máis de medio cento de persoas vencelladas ó urbanismo participaron na derradeira xornada, entre elas, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

Te puede interesar