CULTURA

José Corbacho y Pablo Carbonell estarán na terceira tempada de monólogos de Carballiño

uploaded_humor_result
photo_camera Lito Caballero, Diego Fernández e Juan Quintela.

O ciclo comezará o 3 de decembro de 2017 e rematará o 12 de maio do 2018

Seis humoristas de ámbito nacional, entre eles un galego, conforman o cartel da terceira tempada do ciclo de monólogos “Carballiño Comedy”, que se desenvolverá no Auditorio Manuel María do Carballiño desde o 3 de decembro ao 12 de maio. Trátase de Miguel Lago, El Sevilla, Pablo Carbonell, Antípolez, José Corbacho e Carlos Blanco. O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os representantes de MoitaMerda Promocións, Juan Quintela e Lito Caballero.

Miguel Lago abrirá o ciclo o domingo, 3 de decembro, ás 20,00 horas. O seu espectáculo “Que no salga de aquí” é estrea en Galicia. O 13 de xaneiro, ás 21,00 horas, actuará El Sevilla, e Pablo Carbonell está previsto para o 3 de febreiro, ás 21,00 horas, con un monólogo baseado na súa vida, e que tamén será estrea en Galicia. O 25 de marzo, ás 20,00 horas, será a quenda de Antílopez, que foi cualificado como a gran sorpresa do humor a nivel nacional. José Corbacho estará no auditorio o 21 de abril, ás 21,00 horas, e finalmente, Carlos Blanco pechará o ciclo o sábado, 21 de maio á mesma hora. As entradas están á venda nos restaurantes A Fuchela e Comonacasa, ao prezo de 10 euros, ou a través de woutick.es, a 11 euros, e na taquilla o día dos espectáculos, a 13 euros.

Te puede interesar