entrevista

José Prada: "O traballo audiovisual é gratificante pero sigo preferindo o teatro"

carba3_result
photo_camera José Prada Martínez, director del grupo de teatro Tiruleque.

O carballiñés José Prada, director do grupo de teatro Tiruleque, acaba de finalizar a gravación da primeira peza audiovisual na que colabora como coprotagonista. Acostumado ó mundo dos escearios

O carballiñés José Prada, director do grupo de teatro Tiruleque, acaba de finalizar a gravación da primeira peza audiovisual na que colabora como coprotagonista. Acostumado ó mundo dos escearios, Prada sorprende actuando nunha curtametraxe dirixida por Gonzalo Caride e rodada no Rosal, en Pontevedra. Esta produción, cunha trama de aldea e basada no realismo máxico, está previsto que saia á luz no Nadal e que visite numerosos festivais de cine. O polifacético José Prada contou a súa experiencia diante da cámara, os pormenores desta curta e tamén da súa gran paixón, o teatro.

Cómo naceu a idea desta colaboración?

Gonzalo Caride estaba buscando un actor para a persoaxe principal, para o avó, aproximadamente da miña idade. Contactou cunha persoa que rexeitou o papel porque este tipo de pezas non eran o seu traballo, e suxeriulle o meu nome. Como en agosto son as miñas vacacións xudiciais e eu non teño problema en participar en calquera cousa, lanceime. A miña parte comezámola ás 12,00 horas e para as oito da tarde xa remataramos. Espero que poida chegar a Ourense e O Carballiño nas Xociviga do ano que ven, pero eso xa non é cousa miña.

Cal é a historia que conta esta curta?

É unha historia de realismo máxico, fantástico, parecidas ás que contaba Álvaro Cunqueiro. Interveñen unha serie de persoaxes simbólicos coma a morte, representada por unha nena. Eu son o avó dos nenos desta historia, e estou falecido dende fai anos. Este señor ten a teima de que non pode fumar aínda que lle deixaron tabaco no ataúde pero sen mistos e busca que o seu neto llos traia. Finalmente é a morte a que lle facilita o chisqueiro e soluciona o problema. Hai outros momentos nos que xa non participo, nos que son os rapaces os protagonistas ou o final da curta, na que os veciños fan unha festa a un deles que está a piques de morrer e están todos contentos porque vai trasladarse a unha nova dimensión. Esto contado a moi grandes rasgos, está moi ben. 

Cómo foi a primeira experiencia diante da cámara?

A gravación foi moi interesante e enriquecedora. Divertinme moito a verdade, traballar con Caride é un gusto, sabe dirixir e é moi paciente, sobre todo cos nenos. Estou moi feliz de esta experiencia, foi moi gratificante. Sigo preferindo o teatro, aínda así, xa que o traballo de ser actor dase máis nesa profesión. Pero hai que tocar en todos os lados, a ver o que pasa.

Quedáronlle ganas de repetir?

Si, sen dúbida. Por min, cando queiran volvemos a gravar. Estaría encantado, sen problema ningún.

Vostede é un experto no teatro. Hai moita diferencia entre actuar nestes dous mundos?

É completamente distinto na forma de actuar, de funcionar. A forma de expresarte, moverte... No teatro tes que ter o texto moi memorizado e aquí é máis flexible ó poder gravar, parar, repetir. Nun esceario sabes onde está o teu público e nas curtas estás en moitos planos. Son mundos moi diferentes aínda que non o pareza.

Te puede interesar