ENTREVISTA

Josi Lage: "A profesión necesita o festival de teatro, non desaparecerá mentres haxa xente loitadora"

O Festival de Teatro de Galicia (Fetega), celebrarase no Auditorio Manuel María do Carballiño os próximos 22, 23 e 24 de agosto, cunha forte aposta polas representacións en lingua galega

La actriz Josi Lage.
La actriz Josi Lage.
Josi Lage: "A profesión necesita o festival de teatro, non desaparecerá mentres haxa xente loitadora"

O Festival de Teatro de Galicia (Fetega), celebrarase no Auditorio Manuel María do Carballiño os próximos 22, 23 e 24 de agosto, cunha forte aposta polas representacións en lingua galega e cunha representación máis que nutrida de actrices, ademais dunha variada oferta de espectáculos polas rúas da localidade. A súa directora, Josi Lage, falou da aposta elixida para reivindicar o papel feminino no teatro, sobre a situación desta profesión e sobre algunhas controversias que rodean o festival nesta 29ª edición. 

A organización desta edición foi máis complexa, non?

Pois sí. Tivemos que facer dúas programacións e contabamos con máis días e ca axuda económica de Agadic, que nos deixou fóra das subvencións. Foi unha mágoa terrible. Tivemos que recompoñer todo e quedamos bastante mermados na programación. Puidemos sacar esta edición adiante gracias ó Concello do Carballiño e á Deputación de Ourense, que nos permitiron seguir sendo o referente que somos. Se quitándonos a axuda pretendían que non chegáramos á 30 edición, non o van a conseguir mentres sexamos xente loitadora. A profesión necesita este evento, os actores precisan máis prazas en verán.

Cal foi o motivo de quedar fóra das axudas de Agadic?

Porque non acadamos os puntos necesarios para acadar o corte, que está en 50 puntos. No 2015 tamén pasou esto. Pero e que este ano, o Fetega e as Xociviga nos recibiron esta axuda. Ademáis un ano no que apoiamos ás mulleres cun 90% de presencia feminina, que somos o único íntegramente en lingua galega. Aquí é onde naceu todo, tanto no teatro coma no audiovisual. Non sabemos o que está pasando con isto. Non podemos consentir que no lugar de crecer estamos mermando a nosa cultura. Foi ferinte, o corazón facíaseme máis pequeniño con cada espectáculo que tiña que deixar fóra.

As mulleres dominarán este ano o esceario. 

Buscabamos exactamente iso. Eu son muller, actriz, directora e síntome con necesidade de reivindicar ás miñas compañeiras. Estamos unidas, precisamos que se valore a nosa presenza tamén coma iluminadoras, dramaturgas, escenógrafas. Sempre estamos facendo pezas nas que o motor parte do papel masculino e nós somos máis que válidas. A cousa está cambiando, pero nós non temos por qué ter un oco, temos que estar en igualdade de condicións. 

Poderemos vela no escenario?

Claro, eu son actriz por enriba de todo. A veces pregúntome, cando o que máis me gusta é crear, representar, sentir, qué fago eu metida en todo isto, que ó final é todo política e eu estou fóra dese mundo. Eu amo o meu traballo e débome a el. O que busco cando saio a escena é cambiar ós espectadores dalgún xeito, que saian pensando doutra forma, sentindo, aínda que sexa enfadados. Ahí arriba xérase tanta maxia que eu teño un gran respeto polo esceario.