LUCHA CONTRA EL ACOSO

"El Langui" participa nun coloquio sobre bullying

A cita terá lugar o próximo 26 de maio, ás 20 horas, no auditorio do Carballiño

Diego Fernández e Marina Ortega durante a presentación.
Diego Fernández e Marina Ortega durante a presentación.
"El Langui" participa nun coloquio sobre bullying

O músico e actor Juan Manuel Montilla “El Langui” estará o próximo 26 de maio, ás 20 horas, no auditorio do Carballiño, para participar nunha charla-coloquio sobre bullying. O evento foi presentado pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, e o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández.

Trátase dun acto aberto á mocidade, profesores, pais, e a todas as persoas que queiran coñecer a experiencia e os consellos deste polifacético personaxe mediático que padeceu en carne propia as consecuencias do bullying.

Marina Ortega dixo que esta charla, a diferencia doutras anteriores, íase centrar nos actores secundarios do bullying, é dicir, no entorno, nas persoas non directamente implicadas nos casos de acoso escolar pero que poden xogar un papel importante. E de aí o título da canción de "el Langui", “Se buscan valientes”, que é tamén o eslogan da charla-coloquio. Implicar a terceiras persoas para que interveñan é un método que está dando moi bos resultados.