ocio

Os maiores de Carballiño terán de novo autobús gratis para a súa festa

Coa crise económica, a Administración deixou de financiar o transporte fai aproximadamente oito anos, o que rendundou nunha importante baixada no número de asistentes.

 A Festa dos Maiores contará de novo coa aportación económica da Xunta de Galicia para que cada centro sociocomunitario de Galicia conte cun autobús para desprazar aos participantes ata o Parque municipal do Carballiño. Coa crise económica, a Administración deixou de financiar o transporte fai aproximadamente oito anos, o que rendundou nunha importante baixada no número de asistentes.

No derradeiro pleno do Concello do Carballiño, aprobouse por unanimidade unha moción do BNG, para solicitarlle á Xunta a disposición de autobuses. Nese pleno o portavoz do PP, Argimiro Marnotes, recolleu o compromiso de facer xestións neste senso e para elo reuniuse con María José Fernández Laso, xefa territorial da Consellería de Política Social en Ourense, que acolleu con interese a petición, confirmando Marnotes  que serán un total de 45 autobuses para a festa que posiblemente se celebrará o próximo día 1 de xullo. 

Te puede interesar