instalaciones

O matadoiro de Carballiño, adxudicado ó concesionario

O proxecto de inversión supera o 1.100.000 euros e as previsións máis optimistas cifran en quince os postos de traballo que chegarán a crearse nun primeiro momento

O Concello de O Carballiño adxudicou onte, logo da reunión da xunta de goberno, con carácter definitivo á empresa Matadero de Carballiño, S.L. a construción do novo matadorio da cabeceira comarcal. A adxudicación, segundo informaron dende o consistorio, terá unha vixencia de vinte anos que poderá ser prorrogada outros tantos pero de dous en dous. 

Remata logo, despois de este derradeiro trámite, un proceso iniciado co comezo da lexislatura que pretende dotar no menor tempo posible ó Carballiño dunha instalación que leva sen funcionar dende o ano 2012. 

O proxecto de inversión supera o 1.100.000 euros e as previsións máis optimistas cifran en quince os postos de traballo que chegarán a crearse nun primeiro momento, cando inicie o seu funcionamento. 

O novo matadoiro prestará o seu servizo a todos os profesionais da carne da comarca, reducindo os custes que istes tiñan que soportar viaxando coas súas reses a outros máis alonxados. 

Ademáis, a concellería de Promoción Económica que dirixe Adolfo Nogueira agarda que se convirta tamén nunha instalación reclamo para carniceiros doutras comarcas e incluso de fóra da provincia, non só polas súas características, que a convertirán nunha edificación moderna e de referencia no sector, senón tamén pola ubicación que terá, moi próxima á autovía AG-53.

Te puede interesar