CONCELLO

Una moción insta a que se cumpla a ordenanza sobre as terrazas

Responsables do Concello anunciaron que a Policía Local está realizando unha inspección para ver que negocios non cumpren coa ordenanza.

O grupo municipal Alternativa Veciñal do Carballiño presentou unha moción para ser debatida no próximo pleno do 26 de xaneiro mediante a que insta a un acordo para que o concello inicie un contencioso administrativo contra os responsables de non facer cumprir a ordenanza de ocupación de espazos públicos con terrazas. Refírese ao alcalde, ao responsable de persoal e a Policía Local

Coa mesma moción, tamén insta ao alcalde a dar as instrucións pertinentes para que se cumpra o artigo 4 do Regulamento de Ocupación de Espazos Públicos e se lle retrase a apertura de terrazas aos hostaleiros que non cumpriron, segundo o número de días que mantiveron o mobiliario na rúa  a partir do 7 de xaneiro.

O portavoz, Bernardo García, recorda que o tempo da instalación de terrazas é do 1 de febreiro ao 31 de decembro. "No mes de xaneiro hai que retirar tódalas estruturas(tarimas incluidas) e empezar de novo os trámites de petición de licenzas", sinala. Tamén puntualiza que de non aprobarse a moción, será Alternativa Veciñal quen presente o contencioso.

Responsables do Concello anunciaron que a Policía Local está realizando unha inspección para ver que negocios non cumpren coa ordenanza. Engaden que se lles ordenará aos hostaleiros que as retiren e que no caso de que as manteñan tomaranse as medidas. 

Te puede interesar