ASOCIACIÓN

As mulleres do Reino dispoñen dun local onde facer actividades

Rubideira_result
photo_camera Rubideira_result

O edificio foi cedido polo concello de Piñor, mentres a Xunta e a Deputación encargáronse do seu equipamento

 A localidade de O Reino, no municipio de Piñor, acolleu  onte a inauguración da nova sede social da asociación de mulleres rurais A Rubideira, un acto ó que asistiron o alcalde, José Luis González, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mentres un cento de socias arrouparon á súa presidenta, Elsa Pajarín. Este local foi cedido o colectivo polo Concello de Piñor, que se encargou de levar a cabo os traballos de acondicionamento, mentres Xunta e Deputación provincial foron quen de proporcionar o mobiliario necesario.

O obxectivo da asociación, según indicaron as súas directivas, é promover a participación activa das mulleres do Reino en tódalas esferas da vida pública, a fin de conquerir cotas de igualdade.

Susana López subliñou, no decurso do acto, a aposta da Xunta por colaborar no fortalecemento e consolidación do movemento asociativo de mulleres, "en tanto que constitúe unha importante canle de promoción da igualdade de oportunidades", e destacou o papel que xogan no desenvolvemento sustentable do medio rural. 

Te puede interesar