Festas

Nadal: o Mercado quere repartir 10.000 vales entre a súa clientela

Comerciantes Carballiño presentan campaña navidad
photo_camera O concelleiro Adolfo Nogueira e comerciantes, durante a presentación.

Esta campaña de promoción estenderase ata o 22 de decembro,  en que terá lugar un sorteo de regalos no que participarán as persoas que merquen na praz

Os comerciantes da Praza de Abastos do Carballiño xa levan repartidos máis de 8.000 vales entre os seus clientes desde o pasado 12 de novembro en que comezou a campaña co lema "Vive o Nadal coa Praza de Abastos". 

Esta campaña de promoción estenderase ata o 22 de decembro,  en que terá lugar un sorteo de regalos no que participarán as persoas que merquen na praza, e que poderán gañar cinco vales de compra por valor de 50 euros cada un; dous circuítos termais no Balneario das Caldas, que inclúe piscina dinámica, canal de fleboterapia e cea; dúas cestas de Nadal; 10 entradas para os partidos do Arenteiro en Espiñedo; 10 entradas para as sesións do Cine Club Carballiño, e unha caixa de viño Pazo Tizón. O sorteo terá lugar o 22 de decembro ás 13,00 horas, e previamente ao mediodía haberá unha actuación de música tradicional galega a cargo do grupo Feitiche de Pao.

O presidente da Asociación de Praceiros, Eligio González, considera que a campaña está resultando "todo un éxito", xa que aínda sen rematar xa se sobrepasa o número de vales en relación a campaña do ano pasado, entregados polos comerciantes aos seus clientes. "Estou seguro que este ano chegaremos aos 10.000, porque está atraendo a moita xente interesada en participar no sorteo para optar aos regalos", sinala Eligio González. O obxectivo está en impulsar as compras na praza, e o presidente referiuse ao esforzo que fan os comerciantes para desenvolver esta campaña, así coma outras que se programan ao longo do ano.

Te puede interesar