A nova ITV do Carballiño estará en servizo antes de final de mes

<p></p>
photo_camera A nova ITV está no parque empresarial carballiñés.

Ocupa 3.200 metros cadrados no parque empresarial e atenderá 4.000 vehículos o primeiro ano

A nova estación fixa da ITV do Carballiño entrará en funcionamento o día 27 deste mes. Esta instalación ubicada no parque empresarial carballiñés, e que ocupa unha superficie de 3.200 metros cadrados, contará coa última tecnoloxía, permitindo inspeccionar todo tipo de vehículos, incluso os máis novidosos. As obras están prácticamente concluidas e quedan só pequenos detalles para proceder á inauguración e apertura.

Cun investimento cercano a un millón de euros, a ITV dará emprego directo a catro persoas e inspeccionará arredor de 4.000 vehículos durante o primeiro ano de funcionamento, calculándose que para o ano 2020 os vehículos que pasen revisión serán uns 14.000. Esta nova estación de ITV do Carballiño é a segunda de Galicia que incorpora un sistema punteiro de control así como un xeito de construcción novidosa de tipo modular. O proxecto técnico foi elaborado polos arquitectos Manuel Amor e Félix Suárez, en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña, e é moi semellante ao que xa se elaborou para a nova ITV de Santiago.

Ata agora no Carballiño só prestaba servizo unha ITV móbil, que inspeciona vehículos lixeiros durante varios días cada mes, e só unha vez ao ano aos vehículos agrícolas. Unha situación que cambiará en canto entre en funcionamento esta nova estación, dentro de poucas semanas. 

Te puede interesar